sábado, 31 de julio de 2010

Lagos De Saliencia 2010, por Manolo Conde

Este domingo 25 de xullo de 2010, quedará grabado na miña mente como un deses días que o longo da túa vida van deixando marcas por algún motivo especial.

Este domingo 25 de xullo de 2010, tiven que afrontar situacións extremas, nas que corpo e mente chegan a uns límites que non podes imaxinar no transcurrir da vida cotidiá. Sufrín calor, sufrín agotamento físico, sufrín agotamento mental, incluso impotencia en algún momento do día.



Este domingo 25 de xullo de 2010, souven de primeira persoa o que é adentrarse no mundo totalmente abrupto, inhóspito e intratable da gran montaña, cuns médios tanto físicos como técnicos insuficientes para retos desta envergadura.

Este domingo 25 de xullo de 2010, descubrin un mundo maravilloso, de aventura, de risco, de superación, que a gran montaña puxo diante de min. Fun capaz de superar cada un dos retos que se cruzaron no meu camiño, mais ou menos atinados, pero foron todos superados.







Este domingo 25 de xullo de 2010, coñecín unha forma de diversión que me ten preocupado. A parte de paixon que podo ter por o deporte da bicicleta de montaña, recoñezo que me divirte, e moito, a aventura. O sair a un médio descoñecido e ir afrontando cada unha das dificultades que se van atravesando no teu camiño, fixo que pasase un día espectacular, non tiven ocasión de acordarme dos problemas, das vicisitudes do traballo, das…… de nada que non fose o que tiña que superar nos minutos que seguian. A mente e o físico necesitabaos nese momento para aquelo que tiña diante, para nada mais.

Este domingo 25 de xullo de 2010, descubrin que a condición humana dos “amigos” está por enrriba da competición ou dos retos individuais. En todo momento me sentín dentro dun grupo, sempre recibindo ánimos, axudado en todo momento, recibindo amistade e cariño (Gui dese que estas pensando non ). O ambiente distendido, con moitísimo humor e comprensión fixo que este fose un gran día que quedará grabado para sempre.









Paco, Gui, Manel, Xoquín gracias tios sodes moi grandes.
Os meus compañeiros da Ciscada Tobe, Kron e Gonzalo xa non vos digo nada, xa estades acostumados a sufrirme en cada saida ou cada ruta a que acudimos. Non deixades de sorprenderme, sempre estades ahí e sin vos nada do que levo feito nestes dous anos de bici seria posible. A diversión con vos está asegurada, non hai un só km. feito neste tempo sin un sorriso, unha coña ou unha anécdota.
Vou ser un pouco egoísta e vouvos pedir que non cambiedes, seguide como sodes, teño asegurada a diversión durante moitos anos.

Unha forte aperta para todos, bueno a Gui voulle dar a man que igual se cree que……